
Acompáñote no Camiño é un programa de acompañamento e información aos peregrinos que percorren o Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo Concello de Redondela. O seu obxectivo principal é favorecer a comunicación do alumnado dos institutos do concello con peregrinos/as en distintos idiomas, difundindo ao mesmo tempo a nosa cultura e poñendo en valor o patrimonio.
É un proxecto de desenvolvemento comunitario que engloba aspectos educativos, ambientais, culturais e patrimoniais.
Implicad@s no programa
O alumnado dos centros de secundaria do concello, a través dun Plan PROXECTA
Resto da comunidade educativa: profesorado, dirección e ANPA
Integración e coordinación: SOAR
Institucións e organismos locais
Asociacións e comerciantes do pobo
R O T E I R O S D E S E N V O L V I D O S

A participación no Programa permite a comunicación entre peregrinos que percorren o Camiño de Santiago Portugués e a comunidade de acollida, así como a posta en valor do patrimonio natural, social e cultural da comarca, ofrecendo unha visión máis humanizada do pobo de Redondela.
Formación e sensibilización
- Participación na elaboración dos roteiros
- Programa de formación do voluntariado
IES colaboradores co programa

Coñecer o patrimonio cultural de Redondela e a diversidade da paisaxe, a través de actividades educativas e de ocio.
Itinerarios e contidos desenvolvidos
- Roteiro pola parroquia de Redondela
- Redondela’s Route
- Itinéraire urbain: Redondela
- Centro de Redondela
