Durante o curso 2019-2020 diversos institutos de Redondela participaron no programa Acompáñote no camino, que coordinamos dende a nosa asociación. O programa de formación, as reunións de planificación e o traballo levado a cabo nos centros educativos permitiunos visibilizar o enorme potencial do municipio no sector turístico.
Pensamos que a cultura, o patrimonio, o medio natural e o turismo son sectores estratéxicos para o desenvolvemento sostible do territorio. O noso compromiso comunitario como axentes culturais favorece a conceptualización e produción global de proxectos que promoven os referentes patrimoniais do pasado e do actualidade.
Durante o desenvolvemento do progrma, os alumnos elaboraron rutas urbanas e rurais que poñen en valor o patrimonio e que son accesibles tanto en papel como a través dos móbiles. Neste post podedes ver algunhas fotos do proceso de elaboración das rutas e da súa temporización (IES Illa de San Simón). Metrominuto

Estos roteiros son accesibles na nosa web en distintos idiomas.